Na Muralla Romana de Lugo tivo lugar a presentación do Trofeo Terras do Miño de Marcha Nórdica: I Copa da Xunta de Galicia de Marcha Nórdica Federación Galega de Montañismo (FGM) e I Open Concello de Lugo, organizada polo Club Nordic Walking Lugo en colaboración coa Federación Galega de Montaña.
A esta presentación asistiron:
- Javier Arias Delegado Provincial de la Xunta en Lugo.
- Mauricio Repetto concejal de deportes del Concello de Lugo
- Dona Josefina Maestu presidenta da Federación Gallega de Montañismo
- E a vicepresidenta Cristina Fente do club Nordic Walking de Lugo e mais de 20 persoas socias do club
Agradecidos por ter representación nesta acto da xunta de Galicia, do Concello de Lugo e da FGM e acompañrnos nesta presentación no uso dos bastóns de marcha nórdica que hoxe practicamos no pavimento da singular e histórica Muralla Romana de Lugo, que foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2020 e hermanada coa Gran Muralla China de Qinhuangdao no ano 2007.
O fin de semana do 11 e 12 de marzo a Marcha Nórdica será a protagonista da actividade deportiva na cidade de Lugo. O día 12 terán lugar a primeira proba da I Copa Xunta de Galicia da FGM e o I Open Concello de Lugo desta actividade.
O 12 de marzo terán lugar dous acontecementos deportivos competitivos galegos de Marcha Nórdica: a primeira proba da I Copa Xunta de Galicia e o I Open Concello de Lugo desta actividade. Os eventos está organizado polo Club Nordic Walking Lugo en colaboración coa Federación Galega de Montaña, que desde hai pouco acolle a Marcha Nórdica como disciplina deportiva autónoma.
A Marcha Nórdica ou Nordic Walking é un deporte que consiste en camiñar co impulso de bastóns específicos utilizando unha técnica concreta baseada no movemento orgánico do corpo. Ten a característica de ser unha actividade física que se pode practicar de maneira segura a calquera idade e en contornas variadas, polo que o número de deportistas desta disciplina aumentou de manera significativa nos últimos anos. Como consecuencia, tamén está habendo hai un incremento de participación en competicións celebradas por clubes e entidades deportivas.
Neste contexto, os eventos que terán lugar en Lugo o 11 e o 12 de marzo pretenden conciliar o disfrute deste deporte coa competición e coa promoción cultural e turística da cidade de Lugo e a súa contorna. Deste xeito, haberá unha primeira xornada de encontro entre walkers (“camiñantes”), na que se fará unha saída recreativa polo monte baixo do Concello de Lugo pola mañá, e unha andaina turística polo centro da cidade pola tarde. A xornada do día 12 está reservada para os dous eventos competitivos, que se desenvolverán na Muralla de Lugo, e que consistirán en percorrer o monumento durante cinco voltas (a Copa) e tres voltas (o Open). A saída e a meta serán na Praza Maior, desde onde os participantes se dirixirán cara a rampa que sube á Muralla Romana desde a Catedral, comezando o percorrido circular. Logo da competición terá lugar a entrega de premios dos gañadores, seguido do chamado “terceiro tempo”, no que os camiñantes e os seus familiares a amigos celebrarán o acontecemento cunha comida conxunta.
Con respecto a outras competicións destas características, o percorrido pola Muralla Romana é único no mundo por levarse a cabo na sua meirande parte por riba do chan.