¿En que podemos ayudarte?
Copa Xunta de Galicia dá FGM, Open de Marcha Nórdica O Pereiro de Aguiar
Resultados e imaxes da terceira proba da Copa Xunta de Galicia dá FGM, Open de Marcha Nórdica O Pereiro de Aguiar, organizada pola Asociación de Escaladores Ourensáns este domingo.
Cunhas condicións ambientais boas, aínda que ao longo da xornada foi subindo a temperatura, disputouse esta proba que congregou aos e as deportistas de maior nivel deportivo da comunidade galega, nun circuíto que deixo satisfeitas á inmensa maioría das persoas participantes, tanto na Copa como no Open.
A vitoria na categoría absoluta masculina foi para Alberto Fidalgo Pesqueira (1:28:35) que avantaxou en 25 segundos a José Manuel Iglesias Siso (1:29:00), sendo terceiro Luís Alberto Xusto Valiñas (1:32:56), os tres do Club Marcha Nórdica A Coruña, que completou o podio.
Na parcela feminina Ana María Dasilva Castro (Xesteiras CLUB De Montaña) logrou un triunfo moi holgado con 1:39:30. sendo segunda a súa compañeira de equipo, María Pilar Martínez Rodríguez, marcando 1:44:49 e terceira María Jesús Rivas Moscoso (Club Vía Láctea) rexistrando 1.49.26.
O club ASESOU respondeu novamente con éxito ao desafío organizativo, nesta penúltima xornada da Copa, que finalizará coa disputa da cuarta proba en Salvaterra do Miño o 8 de outubro de 2023.
As felicitacións da FGM ao club ASESOU, ao concello de Pereiro de Aguiar, ao colectivo de árbitros e a todas as persoas participantes, en especial ás que acadaron posicións de podio en todas as súas categorías.
Are𝒂 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒄𝒂𝒄𝒊ó𝒏 𝒅𝒂 𝑭𝑮𝑴
Publicado en
Noticias