Da man do club Nordic Walking Lugo, e co apoio do Concello de Lugo, Xunta de Galicia e a empresa Softwariza3, puidemos disfrutar dunha xornada histórica de competición.
A muralla de Lugo resultou ser un circuito maravilloso no que, tanto deportistas como público puideron disfrutar durante a mañán da plasticidade da marcha nórdica. A saída e meta atópábase en pleno corazón de Lugo, na Praza Maior, e tras un pequeno tramo no que se cruzaba pola catedral a través do Camiño de Santiago subíase a muralla para dar cinco voltas completas a muralla. O que a priori parecía un circuito rápido non o foi tanto, xa que a muralla non é totalmente plana polo que os participantes se tiñan que enfrontar a baixadas moi tendidas pero con toda a súbida concentrada nun mesmo punto.
A saida foi moi rápida e sen incidencias pese a dificultade de ter que transitar polo casco antiguo cos pads dos bastóns postos e ter que quitalos no momento de subir a muralla ( proceso que habería que repetir o revés para a entrada en meta). En Marcha nórdica as saidas fanse formando caixóns que se ordenan polo posición no ranking, tendo en conta tanto o ranking nacional como o autonómico. Nesta primeira proba contamos coa presencia de mais de 150 marchadores, e non so de Galicia, xa que había xente de Extremadura, Madrid, Castilla e León, Asturias, Portugal e Galicia.
Nesta proba se estreaba oficialmente o corpo de árbitros de marcha nórdica da Federación Galega de Montañismo, que con Nacho García (que xa fora a súa vez primeiro seleccionador galego) como xuiz principal fixeron un gran traballo. Salientar que dende o comité nacional de árbitros quixeron apoiar os seus compañeiros e contamos coa presencia de Teresa Campuzano.
No plano deportivo en canto os competidores masculinos dende o comenzo formouse un grupo de cabeza integrado por José M. Siso, Luis Justo Valiñas e Alberto Fidaldo do Club Marcha Nórdica Coruña, Álvaro Villarroel de León e Héctor Vázquez do CdM Xesteiras. Deste grupo tras as primeiras voltas foron caindo Luis, Héctor, Álvaro e finalmente Alberto. Para entrar en meta separados ainda que os catro entraron nun intervalo de dous minutos. Por detrás outro grupo con Ricardo Catoira e César Romay de CdM Xesteiras e Fernando Regueiro de Club Marcha Nórdica Coruña tamén mantiveron unha interesante loita.
En canto as mulleres dende un principio Yulia Shurhina e Naza Tilve de Club Marcha Nórdica Coruña fóronse por diante mantendo estas posicións ata o remate da proba, por detrás un grupo formado por María Elena Rodríguez, Isabel Rodríguez e Marta Trashorras do Nordic Walking Lugo e Ana Dasilva, Alba Alonso, Pilar Combo e María Martínez do CdM Xesteiras, María Jesús Rivas do club Vía Lactea de Santiago e Olga Brea de Club Marcha Nórdica Coruña se foi estirando para ser finalmente María Elena Rodríguez a que se levase a terceira posición por diante de Ana Dasilva.
Xa todos contando os días para a seguinte proba de copa o día 7 de maio na Alameda de Santiago de Compostela.